CRTVG

Buscar

Aberto ao tráfico o novo enlace do polígono industrial de San Cibrao das Viñas coa autovía A-52

Publicado o 11/09/2020 16:52

O presidente, Alberto Núñez Feijóo ratificou este venres o apoio do Goberno autonómico ao tecido produtivo de Galicia coa posta en marcha de diversas infraestruturas, como a posta en marcha da nova vía que conectará a partir desta tarde o polígono de San Cibrao das Viñas (Ourense) coa autovía das Rías Baixas da A-52, que cualificou como o "gran pulmón empresarial" de Ourense. 

A actuación, que ascende a 22 millóns de euros e que está cofinanciada con Fondos Feder 2014/2020, e que conta cun viaducto de case medio kilómetro de lonxitude e varios pasos inferiores, conectará “desde esta tarde” o polígono “de forma rápida, cómoda e directa” ao reducir “nun 60%” o percorrido coa autovía. 

Noticias web

11/09/2020