CRTVG

Buscar

Abascal asegura que entendería a abstención de PP e Ciudadanos

Publicado o 11/11/2019 21:18

Vox é agora a terceira forza política no Congreso tras obter 28 escanos máis que en abril e chegar aos 52. Santiago Abascal di que o lugar que ocupará o seu partido no hemiciclo será o da oposición.

O presidente de Vox di que os máis de 3.600.000 españois que os votaron fíxérono para que faga oposición. Neste día despois das eleccións, Santiago Abascal dixo que esa oposición será firme, será un "dique de contención fronte aos progresistas".

O líder da formación deixa claro que non facilitarán un executivo socialista "nin por acción nin por omisión" e di que non é responsabilidade de Vox formar goberno porque as contas non dan no centrodereita. Abascal atribúelle a responsabilidade  ao Partido Socialista e aos que durante a campaña dixeron que estaban dispostos a desbloquear a situación.

Refírese Abascal a Ciudadanos e mais ao PP. O líder de Vox engade que entendería unha abstención destes dous partidos.

"Os españois votáronnos para que fagamos oposición", di Santiago Abascal, e engade que será "un dique de contención fronte ao separatismo e fronte á lexislación totalitaria dos progres".

A responsabilidade para saír do desbloqueo o presidente de Vox atribúella ao Partido Socialista e ás formacións que comparten políticas cos socialistas, en alusión ao PP e a Ciudadanos.

"A responsabilidade de formar goberno é doutros, dos que gañaron e dos que durante a campaña electoral dixeron que estaban dispostos a desbloquear a situación. Nós non llelo imos reprochar e entederiamos que os partidos que compartían as principais políticias co Partido Socialista abstivéranse, referíndonos ao PP e mais a Ciudadanos", asegura Santiago Abascal.

O presidente de Vox di que entendería unha abstención de Ciudadados e do PP, pero descarta a da súa formación, aínda que fose necesaria para evitar unha nova repetición electoral.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/11/2019