CRTVG

Buscar

Abascal propón un "Goberno de emerxencia" e eleccións este ano

Publicado o 21/10/2020 10:56

Comezou o debate da quinta moción de censura da democracia, máis simbólica que efectiva, ao non contar cos apoios para prosperar.

Os encargados de defendela, o deputado Ignacio Garriga e o candidato á Presidencia Santiago Abascal, foron recibidos no hemiciclo con aplausos da súa bancada.

E do outro lado, case pleno do Goberno E moi cheas as bancadas de Podemos, que saltaron o acordo sobre as restricións, con máis da metade dos deputados.
Vox xustifica a moción como un deber nacional para frear un Goberno que considera ilexítimo e ao que acusa de estar contra o Estado, a nación e o Rei.

O peor goberno en 80 anos, asegurou, incluíndo a ditadura. E por iso chamou os grupos a apoiar a moción e ofrécelles convocar eleccións antes de que remate o ano.
Sen límite de tempo, a intervención inicial de Vox rozou as 4 horas. Con alusións ao coronavirus como virus chinés e cargando contra a OMS, Europa e as grandes empresas do Ibex.

Despois tomou a palabra o presidente do Goberno cunha declaración de intencións. Dixo que non ía entrar en ningunha provocación.

Defendeu a unidade como país para afrontar os retos e acusou a Abascal de querer dividir subestimando a democracia.

Sánchez dille a Vox que añoran unha España tenebrosa e odian a actual: diversa, moderna e europeísta. O debate continúa pola tarde e vótase mañá.

Noticias web

21/10/2020