CRTVG

Buscar

Abanca volve ter operativas as oficinas, os caixeiros e a APP

Publicado o 27/02/2019 20:52

Abanca comunicou a través das súas redes sociais que os seus servizos en oficinas e caixeiros están xa recuperados e funcionan con normalidade.

O resto dos servizos aínda non se recuperaron de todo. De feito, os clientes da entidade galega quéixanse nas redes de que aínda non funciona a banca electrónica e a aplicación móbil si está en servizo desde primeira hora da tarde pero con problemas nalgúns accesos.

Amais, Abanca tamén lles comunicou aos clientes que desde esta mesma mañá está devolvendo as comisións aos clientes que se viron obrigados a sacar cartos nos caixeiros doutras entidades.

Noticias web

27/02/2019