CRTVG

Buscar

Abanca pecha o primeiro semestre cun beneficio de 133 millóns, case a metade ca hai un ano

Publicado o 03/08/2020 15:10

Abanca conseguiu pechar o primeiro semestre do ano cun beneficio de 133 millóns de euros, un 47% menos ca no mesmo período do ano pasado. Así e todo, o volume de negocio medrou 13 puntos, ata superar os 88.600 milóns de euros o que demostra a súa solidez segundo palabras de Juan Carlos Escotet, residente da entidade.

Neste semestre marcado pola crise sanitaria Abanca incrementou o apoio e empresas e particulares para facer fronte aos efectos económicos da covid. Fíxoo formalizando créditos por valor de 2.200 millóns de euros e aplicando moratorias por importe de case mil milóns de euros.

Así e todo, dende a entidade aseguran que os síntomas de recuperación económica son evidentes. Francisco Botas, conselleiro delegado de Abanca, dixo que os datos macroeconómicos sinalan que Galicia está en mellores condicións de recuperación que a media estatal.

Juan Carlos Escotet avanzou que están abertos a novos procesos de fusión tras a adquisición de Bankoa a Credit Agricole; unha operación que, segundo avanzaron, podería pecharse a mediados do mes de setembro. Iso si, o presidente de Abanca descartou a posibilidade de adquirir Liberbank e Eurobic. 

Noticias web

03/08/2020