Abanca pecha a compra de Bankoa
Publicado o 29/09/2020 18:44
Abanca pechou hoxe en Donostia a compra de Bankoa á entidade francesa Crédit Agricole. A operación sitúa o volume de negocio da entidade galega en 93.000 millóns de euros. E consolida o seu posicionamento como a sexta entidade española en activos.
A compra do banco vasco reforza ademais a presenza de Abanca na cornixa cantábrica. Entre particulares e empresas Bankoa ten na actualidade máis de 40.000 clientes.