CRTVG

Buscar

Abanca mira outras entidades para a fusión en España e para adquirir en Europa

Publicado o 15/09/2020 08:42

Pois si, efectivamente. O Banco Central Europeo xa leva tempo avogando polas fusións bancarias como antídoto fronte á baixa rendibilidade da banca na eurozona, entre outras cousas porque unir forzas axudaría a reducir custos.

E Abanca non é allea a estas novas medidas. Ademais, é unha entidade que por negocio e por exceso de capital entra no foco de todas as miradas. De feito, este verán Juan Carlos Escotet iniciou unha aproximación co Banco de Sabadell, porque na súa estratexia entraría unha adquisición en España para expandirse fóra de Galicia. Pero as negociacións parece ser que non frutificaron, e Abanca mira agora a outras entidades, como Liberbank ou a aragonesa Ibercaja.

Fora de España, Abanca acaba de facerse coa rede de Deustche Bank en Portugal, e non se descarta que considere outras adquisicións no continente.

Noticias web

15/09/2020