Abanca estrea nova sede na Coruña
Publicado o 08/05/2019 21:29
Faino despois dun proceso de reforma da súa oficina principal, para adaptala a un novo modelo de atención ao cliente. A entidade destaca que gaña así en modernidade ao incorporar as últimas tecnoloxías.
Coma esta, son 300 as oficinas que a entidade ten previsto reformar ata o 2020, cun investimento de entre 50 e 75 millóns de euros.