Abanca doa a Galicia catro lectores de tests da COVID-19
Publicado o 13/05/2020 21:07

Esta tarde soubemos que Abanca fixo unha doazón a Galicia de catro lectores clínicos que analizan 25.000 tests diarios de COVID-19.
A súa posta en marcha axilizará o tratamento dos pacientes e a extracción de plasma sanguíneo con anticorpos para tratar outros enfermos de coronavirus. Tres dos equipos están xa instalados en hospitais do Sergas e o cuarto chegará nos vindeiros días. O material forma parte dun pedido de máis de 500 equipos de alta tecnoloxía adquiridos pola entidade financeira para ampliar os recursos dos hospitais públicos galegos fronte á pandemia.
Máis sobre Galicia
28/02/2021 21:02
28/02/2021 20:53
28/02/2021 20:17