CRTVG

Buscar

Abanca convértese na décima décima entidade financeira de Portugal tras mercar Deutsche Bank

Publicado o 20/06/2019 08:28
Abanca convértese na décima décima entidade financeira de Portugal tras mercar Deutsche Bank

Despois dun ano desde o anuncio Abanca pechou esta semana a operación da adquisición de Deutsche Bank en Portugal. Xestionará un volume de negocio próximo aos 7.400 millóns. Entra así con forza neste mercado luso apostando pola banca privada, a banca de empresas, os seguros e a banca dixital.

Unha estratexia coa que agardan incrementar o nivel de negocio ata os 9.400 millóns de euros en dous anos. Os últimos detalles por pechar tiñan que ver con algo xa tan concreto como que os clientes puideran operar a través da banca electrónica sen problema. Entre particulares e empresas contan cunha carteira de 79.000 clientes, 500 empregados e 70 oficinas repartidas por todo Portugal.

Noticias web

20/06/2019