CRTVG

Buscar

Abanca compra 150 equipos de coidados intensivos para os hospitais galegos

Publicado o 25/03/2020 14:22
Abanca compra 150 equipos de coidados intensivos para os hospitais galegos

Abanca anunciou hoxe a compra de 150 unidades individuais de coidados intensivos que se van doar ao Sergas para que os reparta entre os hospitais galegos. Estes equipos chegarán a Galicia a semana que vén. As unidades axudan os doentes a manter a respiración. O custo destes equipos é de 4 millóns de euros.