CRTVG

Buscar

A xustiza saudita dita sentenza contra os acusados polo asasinato do xornalista Jamal Khashoggi

Publicado o 08/09/2020 09:09

Case dous anos despois do asasinato do xornalista Jamal Khashoggi no consulado de Istambul, a xustiza saudita ditou sentenza definitiva contra os acusados do crime e conmutou as penas de morte a que foran condenados en primeira instancia.

A cinco deles imponlles 20 anos de cárcere e os outros tres entre sete e dez anos a cada un.
Un voceiro da Fiscalía afirmou que a sentenza tivo en conta a renuncia da familia de Khashoggi a que os asasinos foran condenados a morte.

Noticias web

08/09/2020