CRTVG

Buscar

A xustiza portuguesa declara inconstitucional prohibir touradas

Publicado o 13/09/2019 19:47

A Xustiza portuguesa declara inconstitucional que os concellos prohiban as touradas. O municipio de Povoa do Varzim non permite desde principios de ano espectáculos con animais o que provocou a indignación das asociacións taurinas da vila. 

O Tribunal do Porto emitiu unha sentenza na que explica que non é competencia dun concello prohibir as touradas. Sería inconstitucional e carece de fundamento xurídico, di o texto. “Esta praza de touros de Povoa de Varzim é a única no norte de Portugal e durante os festexos do verán adoita encherse de xente coas touradas. Pero este ano non houbo.”

Esta que ven é a última corrida que se celebrou o ano pasado. En Portugal non se mata o touro pero aínda así dende o concello desta cidade, apoiados por unha iniciativa cidadá, consideran que o animal é maltratado e que estes espectáculos non teñen cabida aquí. Pero dende esta semana segundo a lei portuguesa organizar, participar e asistir aos touros é un dereito fundamental neste país garantizado pola súa constitución.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2019