CRTVG

Buscar

A xustiza ordena manter con vida a Lambert, o paciente francés en estado vexetativo

Publicado o 21/05/2019 19:45

Cando xa comezara a conta atrás da súa descoñexión vital, o caso do francés Vincent Lambert volve ao punto de partida. O Tribunal de Apelacións de París ordenou, a noite pasada, retomar o tratamento para manter con vida este home, que se converteu no símbolo da morte digna en Francia.

Os médicos que atenden a Vincent Lambert comezaron o luns a desactivar as máquinas que o mantiveron alimentado e hidratado durante once anos. Tiña 31 cando quedou en estado vexetativo por un accidente de tráfico. Non deixou testamento vital así que a decisión sobre prolongar ou non a súa vida provocou unha guerra familiar e un forte debate nacional en Francia.

Seus pais loitan por mantelo con vida nos tribunais desde 2013, sen éxito. A súa muller e os irmáns defenden que Vincent querería ser desconectado. O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos avalou esta postura.

Pero a pasada medianoite, só unhas horas despois de que os médicos iniciaran a desconexión, o Tribunal de Apelacións de París ordenou retomar inmediatamente o tratamento para mantelo con vida polo menos durante 6 meses, os que tardará o Comité da ONU en estudar e pronunciarse sobre o caso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/05/2019