CRTVG

Buscar

A xustiza escocesa avala o acordo do "brexit" e déixao en mans do Parlamento

Publicado o 18/10/2019 21:08

O Tribunal de Sesións de Edimburgo avalou este venres a legalidade do acordo do brexit alcanzado entre o Goberno británico e a Unión Europea (UE). A máxima institución xudicial de Escocia rexeitou a demanda presentada polo activista antibrexit Jo Maugham, que pedía ao tribunal que emitise un interdicto para paralizar a votación sobre o tratado de retirada, prevista para mañá sábado no Parlamento de Westminster. O pacto consensuado entre Londres e Bruxelas contempla que Irlanda do Norte permaneza dentro do territorio aduaneiro do Reino Unido, pero aliñada con certas normas do mercado único, o que, a xuízo do demandante, contradi a lexislación vixente en materia impositiva

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí