CRTVG

Buscar

A xustiza autoriza o internamento do raiacoches de Vigo

Publicado o 27/03/2019 19:14
A xustiza autoriza o internamento do raiacoches de Vigo

O xulgado autoriza o internamento nunha residencia do ancián coñecido por raiar coches en Vigo. O home, de 79 anos, estaba dende princpios de febreiro no hospital Álvaro Cunqueiro, a onde fora remitido para realizarlle unha valoración psiquiátrica para avaliar a medida que se acaba de aprobar.

O ancián ten varias causas abertas polo penal por provocar danos en coches, como raiadas, e meter escarvadentes nas pechaduras.

Noticias web

27/03/2019