CRTVG

Buscar

A xustiza arxentina confirma o procesamento de Cristina Fernández por recibir subornos

Publicado o 01/10/2020 12:53

A xustiza arxentina confirmou o procesamento da actual vicepresidenta da Arxentina, Cristina Fernández de Kirchner.

A que fora presidenta do país, entre os anos 2007 e 2015, está acusada de recibir subornos a cambio da concesión de obras públicas.

A denominada causa dos cadernos investiga os escritos dun chofer oficial en que deu conta das sumas millonarias que durante dez anos recolectou de grandes empresarios para ser entregadas a altos funcionarios do Goberno de Kirchner.

Noticias web

01/10/2020