CRTVG

Buscar

A Xunta valora a actuación que está facendo o exército contra os incendiarios

Publicado o 21/08/2020 14:29

A Xunta valora a incorporación do exército ás tarefas de vixiancia, persecución e disuasión dos incendiarios. 

O director xeral de Defensa do Monte dixo na xuntanza do comité coordinación policial antiincendios que a operación Centinela permitiu despregar 27 patrullas militares por todo o territorio galego e en especial nas zonas con máis actividade incendiaria. 

Tomás Fernández Couto asegurou que non é momento de baixar a garda e lembrou que a día de hoxe hai 7.000 profesionais mobilizados, 30 medios aéreos, 120 cámaras e drons que vixían os montes galegos tanto de día coma de noite.

 

Noticias web

21/08/2020