CRTVG

Buscar

A Xunta vai aprobar unha nova Lei de pesca para actualizar a normativa

Publicado o 01/05/2019 18:06

Esta mañá comezou oficialmente en Galicia unha nova tempada de pesca de salmón e de reo que vai estar aberta ata o 31 de xullo e 30 de setembro, respectivamente.

Desde as 7 da mañá había pescadores no Ulla, río salmoeiro por excelencia, ao que se achegou a conselleira de Medio Ambiente. Ángeles Vázques acudiu ao couto de Ximonde, onde comprobou a eficacia dos programas de recuperación iniciados en 1992 para reactivar a poboación de salmónidos que estivo a piques de desaparecer dos nosos ríos.   

A conselleira aproveitou para avanzar que mañá a Xunta vai aprobar unha nova Lei de pesca que actualiza unha normativa de hai xa 25 anos.

Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente: "No día de mañá, no Consello da Xunta, levaremos o que vai ser o anteproxeto de Lei de pesca continental que vai supoñer sen dúbida un revulsivo para a pesca en Galicia e tamén para involucrar a toda a sociedade para que coide o que consideramos as veas de Galicia, que son os nosos ríos".

Noticias web

01/05/2019