CRTVG

Buscar

A Xunta traballa nun "novo modelo" de residencias de maiores

Publicado o 19/09/2020 15:47

Política Social recoñece carencias no modelo actual de residencias, unhas carencias que foron detectadas pola pandemia da covid-19. Desde a Xunta cren que ese modelo ten que mellorarse, e por iso traballan xunto con Sanidade nun novo modelo...
"O novo modelo de residencias, modificado e avanzado pasa por unha coordinación sociosanitaria", di Fabiola García, Conselleira de Política Social.

Di a Conselleira que este novo modelo debe de ser pensado con tempo, debatido e consensuado con todo o sector residencial de Galicia... O obxectivo... mellorar e ampliar o coidado das persoas maiores.
A Xunta defende ademais a súa actuación e a súa intervención en residencias públicas e privadas pola covid.

"Por fortuna nestes momentos o 99% das residencias de Galicia non contan con ningún caso positivo nin en residentes nin en traballadores, é o camiño que imos seguir", di a Conselleira.
Aseguran que seguirán perfeccionando e ampliando, se é necesario, os protocolos para protexer a saúde e o benestar dun colectivo moi vulnerable.

Noticias web

19/09/2020