CRTVG

Buscar

A Xunta reunirase co sector do ocio nocturno para abordar a súa situación tras o peche

Publicado o 18/08/2020 18:18
A Xunta reunirase co sector do ocio nocturno para abordar a súa situación tras o peche

A Xunta convocou os representantes do ocio nocturno para unha reunión telématica o próximo xoves, ante o malestar que provocou o novo peche dos seus locais, decretado desde a madrugada do luns.

Segundo o sector, esta medida pon milleiros de negocios nunha situación crítica. Por iso lle van pedir á Xunta que intermedie ante o Goberno central, para que prorrogue os ERTE o tempo que sexa necesario e aprobe axudas para que poidan seguir pagando os alugueiros dos locais de ocio nocturno o tempo que teñan que permanecer pechados.










 

Noticias web

18/08/2020