CRTVG

Buscar

A Xunta repartirá 250.000 máscaras entre o profesorado

Publicado o 15/01/2021 15:36

A partir da próxima semana, a Xunta empezará a distribuír 250.000 máscaras hixiénicas reutilizables entre os docentes de toda Galicia, coa intención de cubrir as necesidades ata finais de curso. Así se acordou na reunión que mantivo hoxe o Comité Educativo, presidido polo conselleiro.

Román Rodríguez animou a comunidade educativa a manter os esforzos neste segundo trimestre para que os centros sigan sendo lugares seguros.

Román Rodríguez apuntou que nestes primeiros días de curso "hai unha repunta de casos de covid, que son, fundamentalmente, resultado das interaccións sociais do Nadal. Imos seguir traballando para que os espazos educativos non sexan lugares de transmisión do virus".

Noticias web

15/01/2021