CRTVG

Buscar

A Xunta remitiulle hoxe ao Goberno central os proxectos de modernización do transporte público

Publicado o 25/01/2021 17:46

A Xunta remitiulle hoxe ao Goberno central os proxectos de modernización do transporte público que pretende financiar cos fondos de recuperación da Unión Europea. Suporían un investimento de 400 millóns de euros para executar nos próximos tres anos.

Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade afirmou que "son dez grupos de proxectos para fomentar a mobilidade sostible e modernizar o transporte público. Estamos a falar de 400 millóns de euros que levarían aparellados uns 2.300 empregos ao ano e que teñen tres anos para materializarse no noso territorio."

Noticias web

25/01/2021