A Xunta reforzará infantil, primaria e educación especial con 240 novos mestres
Publicado o 12/08/2020 13:24
A Consellería de Educación dá pasos para o próximo curso escolar. Hoxe anunciou que se van crear 158 novas clases en centros públicos de infantil, primaria e educación especial.
Para cubrir estas unidades incorporaranse 240 novos mestres, co obxectivo de cumprir coas medidas fronte á epidemia.
O reforzo na educación secundaria concretarase en setembro, cando se peche o período de matriculación.