CRTVG

Buscar

A Xunta reclama ao Goberno que se poida circular libremente por toda a comunidade autónoma

Publicado o 10/05/2020 20:30

• Feijóo non quere discriminacións e pide coxestionar a renda mínima vital 

• Os centros de día abrirán cando teñan un protocolo sanitario axeitado 

Criticas por que o Goberno marca normas con moi poucos días de marxe

Núñez Feijóo amosouse en desacordo co repartimento dos 16.000 millóns anunciados para as autonomías. O presidente da Xunta reclamoulle ao Goberno que se modificasen os criterios para evitar tratos discriminatorios e tamén avoga por coxestionar a cuestión da renda mínima vital e que a renda que teñen as comunidades se amplíe en contía e beneficiarios coa contribución do Goberno, sen duplicar prestacións e sistemas.

Feijoo tamén chamou a avanzar nas directrices de Educación para o vindeiro curso e fixo fincapé na necesidade de coñecer con anticipación as medidas previstas para cada fase da desescalada. Reiterou a súa posición crítica co mantemento do estado de alarma e avogou porque España se dote dun sistema de emerxencia sanitaria con rango de lei orgánica. Así falaba Feijóo das discrepacións arredor do reparto do fondo de reconstrución.

Na súa comparecencia deste domingo, dixo que o Goberno galego non comparte a decisión de impedir a circulación entre as distintas provincias galegas, cando todas teñen a mesma situación epidemiolóxica, e pedirá que canto antes se poida circular libremetne por toda a comunidade autónoma.

Criticou que a cogobernanza de que fala o Goberno central non se corresponda coa actitude leal das administracións autonómicas.

Noticias web

10/05/2020