CRTVG

Buscar

A Xunta quere que Fomento informe mes a mes da evolución das obras do AVE

Publicado o 30/12/2019 15:17

As probas do último treito do AVE en Galicia, o que une Pedralba-Taboadela-Ourense, non se realizarán polo menos ata o mes de marzo. Isto supón un atraso sobre os prazos oficiais de tres meses. Recoñecíao a presidenta do ADIF, Isabel Pardo de Vera, nun artigo de opinión. Dende a Xunta de Galicia consideran que este atraso vai ser moito maior e critican a falta de información oficial.

Critican que ningún representante do Goberno central viñera informar dos atrasos cando está a piques de rematar o ano e, polo tanto, o prazo oficial para concluír as obras. Esíxenlle a Fomento un informe mensual da evolución das traballos.

Noticias web

30/12/2019