CRTVG

Buscar

A Xunta publica este mércores as axudas para empresas que muden a actividade para fabricar material sanitario

Publicado o 14/04/2020 14:25

O Conselleiro de Economía falou hoxe con representantes do sector naval, que está volvendo aos poucos á actividade, sobre a guía de prevención de saúde laboral que publicou o Goberno galego.

Francisco Conde tamén se reuniu por videoconferencia co clúster da lousa, que acordou seguir parado, para informalos das medidas económicas da Xunta. O Diario Oficial de Galicia publicará mañá axudas de ata 100.000 euros para empresas que se están reformando para fabricar material sanitario ou equipos de protección. A Xunta insiste en que o primeiro é a saúde dos traballadores.

 "A guía de prevención de riscos laborais está dotando de confianza as empresas e traballadores. A prioridade é a protección dos empregados", dixo Francisco Conde.

 

Noticias web

14/04/2020