A Xunta Pro Devolución do Pazo de Meirás pide que todas as partes fagan achegas para definir o futuro uso do inmoble
Publicado o 20/11/2020 15:53
A Xunta Pro Devolución do Pazo de Meirás, formada pola Deputación coruñesa, os concellos de Sada e A Coruña e diversas institucións, tamén estuda o futuro uso do pazo de Meirás.
Piden que todas as partes poidan facer achegas para definir o futuro uso do pazo.
"É unha mesa onde están representadas todas as organizacións e institucións que temos algo que aportar sobre o futuro uso do pazo de Meirás a curto ou medio prazo. Polo tanto, ese espazo de concordia nesa mesa é máis necesario que nunca", explicou Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña.