CRTVG

Buscar

A Xunta prevé comezar as obras da nova estación de bus de Vigo este verán

Publicado o 25/02/2019 15:26

A nova estación de buses, integrada na intermodal, terá 30 dársenas, dous accesos, un deles directo á AP-9, e acollerá dous millóns de viaxeiros anuais. A Xunta presentou na cidade o proxecto, en que van investir 16 millóns de euros.

Alcalde e presidente coincidiron en que esta obra é un exemplo do que se pode conseguir con colaboración institucional. Feijóo destacou que a Xunta fixo todo o posible para que Vigo tivese a mellor estación intermodal.

A Xunta prevé adxudicar en abril as obras da terminal de buses e comezalas no verán. Os traballos durarán 18 meses.

Integra ferrocarril, autobuses e centro comercial

As obras do coñecido como Centro Vialia, que transformarán unha parte da cidade de Vigo, arrancaban a finais do ano pasado despois de distintos atrancos legais. O responsable do deseño, o arquitecto estadounidense Tom Mayne visitaba o comezo dos traballos na estación Vigo-Urzáiz. O complexo ocupará unha superficie de 125.000 metros cadrados. Nel estará a estación intermodal integrada pola estación de tren e a terminal de autobuses, o proxecto tamén  albergará un centro comercial. Serán 35.000 metros cadrados de uso lucrativo cun espazo para un centenar de tendas e trinta restaurantes xunto cunha gran praza pública.

O proxecto conta cun plazo de execución de trinta meses e completaráse coas obras de acceso e a reordenación do tráfico na zona. A estación intermodal permitirá aos usuarios o cambio de transporte de xeito máis rápido e contará cunha conexión directa coa AP-9.

 

Noticias web

25/02/2019