CRTVG

Buscar

A Xunta pon en marcha plans específicos para mellorar a seguridade no Camiño

Publicado o 05/08/2019 16:07

Ver e facerse ver é unha das máximas do tránsito polas estradas e os peregrinos deben tomar conciencia diso tamén. Así é que a Admistración autonómica reparte estes cobremochilas reflectores, unha peza fundamental sobre todo en tramos como este do concello do Pino, que discorre en parte pola estrada nacional.

Outra actuación da Xunta no eido da seguridade implica á Policía Autonómica. Cada día, corenta axentes patrullan, en coche e en moto, o Camiño de Santiago. Unha actividade que se intensifica nestes meses de máis afluencia e que proxectan seguir reforzando cara ao ano santo.

Ademais da vixilancia das rutas e da atención aos peregrinos, estes axentes tamén teñen entre os seus labores a protección do medio ambiente e do patrimonio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/08/2019