A Xunta pídelle ao Goberno que rectifique o cambio na normativa de Costas
A lei que ameaza as concesións de empresas e vivendas instaladas na costa galega segue a tramitarse no Congreso. A industria galega do mar e a Xunta alertan da inseguridade que están a xerar os posibles cambios que contempla.
Representan industrias e sectores asentados na franxa litoral galega que rexeitan os cambios que se contemplan na Lei estatal de costas. O presidente da Confederación de Empresarios da Coruña, Antono Fontenla, fala dunha "modificación moi importante, moi maligna, e que ademais se fixo como non se deben facer estas cousas, sen claridade e sen transparencia"
Hai industrias, hoteis e edificacións privadas e públicas afectadas polos límites do novo texto á ocupación de solo público. "Temos pendentes dun fío 5.000 edificacións que están en dominio público marítimo terrestre" asegura a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. "Máis de cen da cadea mar-industria", engade Ángeles Vázquez.
Depuradoras, conserveiras, ou empresas de acuicultura que agardan con incerteza a decisión final do Goberno central. A consellira do Mar, Rosa Quintana entende que "un non pode arriscar o seu capital se non ten unha seguridade xurídica de poder continuar coa súa empresa no sitio en que está situada hoxe"
Os empresarios buscan o apoio da Xunta, que lle pide ao Goberno que rectifique e retire da lei o punto en que mofica a duración das concesións en solo público.