CRTVG

Buscar

A Xunta pide un marco eléctrico competitivo: "Os traballadores de Alcoa non teñen tempo"

Publicado o 24/06/2020 20:09

A Xunta insta novamente o Goberno central a que tome unha decisión en materia enerxética e dea luz verde ao estatuto das electrointensivas que permita paralizar o ERE que mañá presentará Alcoa. O conselleiro de Industria apela a que o Goberno presente por escrito un compromiso que faga viable o futuro da factoría. 

O Conselleiro Conde fixo estas declaracións tras manter unha videoconferencia coa vicepresidenta e ministra de Transición Enerxética, Teresa Ribera. Conde expuxo que a ministra non puxo data para as medidas que poderían dar un prezo eléctrico competitivo inmediato. Engade o conselleiro que Teresa Ribera non aclarou cando se porán en marcha as medidas para dinamizar o sector da automoción.

Noticias web

24/06/2020