CRTVG

Buscar

A Xunta pide respostas do Goberno central e de Alcoa

Publicado o 04/08/2020 14:07

A Xunta envíalle un requirimento ao Goberno para que estableza un prezo eléctrico competitivo e reitéralle a Alcoa que retire o ERE e que negocie a venda da planta.

"Esperamos que haxa unha resposta efectiva por parte de Alcoa para atender a oferta de Liberty House para negociar a venda e ao mesmo tempo un compromiso do Goberno de establecer un marco eléctrico competitivo", dixo Francisco Conde, conselleiro de Industria.

Noticias web

04/08/2020