CRTVG

Buscar

A Xunta pide máis cota para a pescada, o peixe sapo e o rapante

Publicado o 24/11/2020 15:32

A Xunta reclámalle a Bruxelas que sexa flexible á hora de establecer as cotas de pesca para o ano que vén. A proposta inicial inclúe recortes dun 13 por cento para a pescada e para o peixe sapo e do 11 para o rapante.

A conselleira Rosa Quintana defende o bo estado dos caladoiros en que pesca a frota galega e pide que se teñan en conta criterios económicos, dada a complicada situación pola que atravesa o sector.

 

Noticias web

24/11/2020