A Xunta non descarta ningunha vía para recuperar os 370 millóns que considera que lle debe o Estado
Publicado o 22/01/2020 22:49
A Xunta non dá por perdidos os 370 millóns e non descarta chegar ata os tribunais. Acusa a ministra de Facenda de mentir cando asegura que se esgotou o prazo para poder pagar o IVE de 2017.
Tamén, no Grupo Común da Esquerda, no BNG e en Marea cren que o Goberno ten mecanismos alternativos para devolver eses cartos.
Os socialistas galegos sinalan a Rajoy como o responsable de que o Goberno de Sánchez non poida, din, pagar eses 370 millóns.
A Caballero pídenlle desde o PPdeG que explique se está do lado de Sánchez ou dos galegos.