A Xunta lanza a campaña Bye, bye, plástico para concienciar sobre a contaminación
Publicado o 04/09/2020 16:29

Nove millóns de toneladas plásticos acaban no mar cada ano. Para concienciar a sociedade deste problema, a Xunta acaba de poñer en marcha a campaña Bye bye plástico. Está protagonizada por nenos, e busca viralizar nas redes sociais a mensaxe de "adeus aos plásticos".
Con esta iniciativa, en que colabora tamén esta casa, a Xunta quere fomentar a participación de todos os cidadáns para loitar contra estes residuos.
A campaña pon o foco na importancia de reducir, reutilizar e reciclar o plástico de xeito responsable.
Máis sobre Galicia
21/01/2021 18:49