CRTVG

Buscar

A Xunta intervén unha residencia de maiores do Pereiro de Aguiar con máis dun cento de positivos

Publicado o 10/10/2020 10:18

Un gromo con máis dun cento de afectados obriga a Xunta a intervir a residencia dos Gozos, no concello ourensán do Pereiro de Aguiar. Están infectados máis da metade dos anciáns. Un equipo sanitario do Sergas controla xa a residencia para tentar frear o avance dos contaxios.

O forte incremento dos positivos en Galicia nas últimas horas débese en boa parte aos dous focos detectados en dúas residencias de anciáns na provincia de Ourense, que levaron a intervir a da Fundación San Rosendo. Os novos gromos elevan 540 os casos deste coronavirus nas residencias de maiores de Galicia.

 

Noticias web

10/10/2020