CRTVG

Buscar

A Administración galega intervén a residencia dos Gozos no Pereiro de Aguiar

Publicado o 09/10/2020 15:17

Agora mesmo preocupa un gromo cun total de 137 positivos nesta residencia que a Fundación San Rosendo ten no concello ourensán do Pereiro de Aguiar.

A Xunta anunciou esta mañá que intervira o centro para garantir a "calidade asistencial" e protexer a saúde dos coidadores e dos maiores. Un equipo médico do Sergas está a facer un seguimento dos usuarios e controlando a aplicación dos protocolos.

Máis da metade dos residentes están contaxiados, 112, e tamén 25 traballadores, segundo os últimos datos oficiais. A maioría deles teñen síntomas leves, pero 5 maiores están hospitalizados.

Sen saír da provincia de Ourense, no concello de Monterrei tamén están no nivel máximo de alerta por outro foco nesta residencia, con medio centenar de infectados entre usuarios e traballadores.

Pero é a Domus Vi de Outeiro de Rei, en Lugo, a que segue á cabeza de contaxiados polo virus nos centros residenciais.

Cando se cumpre un mes desde que a interveu a Xunta, ten 130 usuarios contaxiados e 20 traballadores positivos. Desde que se detectou o gromo a finais de agosto, rexistraron 22 baixas.

Dos 4.200 douscentos contaxiados de coronavirus que hai en Galicia, ao redor de cincocentos son usuarios e traballadores de residencias.