CRTVG

Buscar

A Xunta insiste en demandar unha comisión de seguimento das obras do AVE

Publicado o 04/02/2020 14:59

A disparidade de datas para a chegada da alta velocidade a Galicia, que a Unión Europea acaba de fixar no ano 2022, preocupa á Xunta de Galicia. O Goberno autonómico reclama de Fomento prazos reais. Por iso solicita unha comisión de seguimento das obras como xa existe noutras comunidades.

A conselleira de Infraestruturas tamén pide unha xuntanza urxente da comisión de seguimento da AP-9 para falar da transferencia e as bonificacións das peaxes nesta vía. Lamenta ademais a polémica con Fomento polo proxecto de iluminación da ponte de Rande, unha iniciativa aberta pola Xunta hai tres anos sobre a que o Goberno central reclama as súas competencias exclusivas. Di a conselleira que se trata dun proxecto de posta en valor da ponte aberto á colaboración.

Noticias web

04/02/2020