CRTVG

Buscar

A Xunta inicia o proceso para blindar a biblioteca de Pardo Bazán como BIC

Publicado o 10/11/2020 15:17

A Xunta confirma que abrirá por vía de urxencia o expediente para declarar Ben de Interese Cultural a biblioteca de Emilia Pardo Bazón. Responde á petición feita pola Real Academia Galega.

Esa biblioteca inclúe 7.000 volumes que xa custodia a institución académica e outros 3.000 que se encontran no interior do pazo de Meirás, onde mañá se procederá ao inventario dos bens. Os fondos de Pardo Bazán quedarán automaticamente protexidos.  

Noticias web

10/11/2020