CRTVG

Buscar

A Xunta impulsará de novo as axudas para renovar o parque móbil en 2020

Publicado o 12/12/2019 15:03

Galicia terá un novo Plan Renove o vindero ano para estimular a venda de coches. Un plan do Goberno autonómico similar ao deste ano, que será consensuado cos concesionarios.

O anterior plan esgotou as axudas de máis dun millón de euros e bonificou arredor de 2.000 vehículos de máis de dez anos.

Un novo incentivo para os concesinarios que aplauden a medida á espera de concretarse os termos do mesmo.

Este novo Plan Renove pretende dar continuidade ao anterior que supuxo para os concesionarios arredor de 40 millons de euros en vendas.

Noticias web

12/12/2019