CRTVG

Buscar

A Xunta impulsa un novo plan de control da vendima para garantir a orixe dos viños galegos

Publicado o 30/08/2019 19:40

Agora que comeza a vendima en Galicia, vanse reforzar as inspeccións para garantir a calidade dos viños das cinco denominacións de orixe galegas. Controlarase a procedencia e calidade da uva ou as cotas de produción.

 

 EVEGA, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, en Leiro, acolleu esta mañá o encontro de José González cos representantes das cinco denominacións de orixe galegas para coordinar este novo plan de control da vendima, que reforzará as inspeccións que xa fai cada consello regulador:

José González, conselleiro do Medio Rural: "Para iso facemos un investimento de 180.000 euros e poñeremos máis de 20 técnicos da Consellería, para que coordinadamente cos Consellos Reguladores verifiquen o cumprimento das medidas de control." 

Controlaráse a entrada da uva nas adegas, a súa procedencia, que o froito sexa dos viticultores e das parcelas inscritos en cada unha das denominacións de orixe e que se respecten as producións máximas establecidas para cada variedade de uva, nunha vendima de 2019 que comeza con boas perspectivas:

Este plan enmárcase na Estratexia de Dinamización das Comarcas Vitivinícolas Galegas da Xunta de Galicia para reforzar a dimensión internacional dos nosos viños.
 

Noticias web

30/08/2019