CRTVG

Buscar

A Xunta financiará proxectos de educación e emprego dirixidos á poboación xitana

Publicado o 05/07/2019 15:16
A Xunta financiará proxectos de educación e emprego dirixidos á poboación xitana

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou a Fundación Secretariado Xitano en Madrid. Fíxoo para renovar o convenio entre esta institución e a Xunta. É un total de 200.000 euros para financiar en Galicia dous proxectos de educación e emprego dirixidos á poboación xitana e dos que en 2018 se beneficiaron unhas mil trescentas persoas. Estes programas son unha das mellores alternativas para que mozos e adultos xitanos teñan unha oportunidade educativa e laboral.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/07/2019