CRTVG

Buscar

A Xunta financiará a contratación de coidadores infantís nas empresas

Publicado o 23/09/2019 14:53

A partir do vindeiro ano, a Xunta quere que as empresas galegas ofrezan servizos de conciliación para os seus empregados, nos propios centros de traballo.

Para iso, o Executivo galego anuncia que porá en marcha un paquete de axudas para contratar profesionais de atención á infancia. Serán educadores ou animadores que se farán cargo dos fillos dos traballadores nun espazo habilitado para iso, na propia sede da empresa.

Fabiola García, conselleira de Política Social, explica que se trata de poñer en marcha novos recursos de conciliación na empresa, flexibles, xa que será a empresa a que decida que recurso e que horario se adapta aos seus traballadores. 

O Goberno galego prevé que esta iniciativa de conciliación familiar e laboral, que por primeira vez se pon en marcha en Galicia, se faga efectiva en 30 empresas no ano 2020, e agarda que se estenda a outras nos vindeiros exercicios.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/09/2019