CRTVG

Buscar

A Xunta estuda presentarse na causa de Meirás

Publicado o 12/07/2019 14:55

O presidente da Xunta celebra que o Goberno central tivera en conta o informe que lle remitiu o Goberno galego sobre o Pazo de Meirás.  Alberto Núñez Feijóo aplaude que "o Goberno de España estudara a documentación que remitiu a Xunta de Galicia, probablemente con máis documentación que posuía o Goberno. E neste caso destamos xa en condicións de presentar unha demana, unha acción reivindicatoria da propiedade. Nós estivemos consultando onte cos servizos xurídicos da Xunta de Galicia a posibilidade de presentarnos, e a reposta provisional é positiva. Polo tanto, se esa resposta provisional se converte en definitiva, a Xunta de Galicia será unha das partes que se presentará no xuízo".

 

 

 

Noticias web

12/07/2019