CRTVG

Buscar

A Xunta estuda poñer en marcha unha app para alertar canto antes os contactos dun positivo por COVID-19

Publicado o 30/07/2020 15:41

A Xunta bota man das novas tecnoloxías para facerlle fronte ao coronavirus. Estuda a posta en marcha dunha aplicación que permitirá, entre outras cousas, alertar antes aos contactos dun positivo por Covid.

A idea é que os galegos poidamos dispoñer nos nosos teléfonos dunha aplicación que nos facilite toda a información sobre a  pandemia en tempo real. En agosto vaise poñer en marcha un proxecto piloto e, se todo vai ben, no outono poríase a disposicón de todos os cidadáns.

A aplicación vai ter carácer voluntario e vai ofrecer dúas posibilidades: rexistrarse como usuario, mantendo sempre a privacidade dos datos,  ou directamente entrar de forma anónima. Por exemplo, introducindo o código qr dunha cafetería onde estivemos informaríannos se nela houbese algún infectado.

A incidencia acumulada do virus en Galicia nos últimos 14 días 6,8 casos por 100.000 habitantes, oito veces menos que no conxunto de España. 

Noticias web

30/07/2020