CRTVG

Buscar

A Xunta estuda a desescalada da hostalaría para a ponte de decembro

Publicado o 29/11/2020 21:20

A gran pregunta que se fan os hostaleiros galegos é se poderán abrir unhas horas determinadas ou completamente na ponte que comeza en cinco días. O luns entregaranlle á Xunta unha serie de propostas con medidas, restricións e horarios que lles axuden a retomar a actividade canto antes mellor. O sector di que se atopa nunha situación límite despois de que na maioría das cidades e vilas os bares e restaurantes leven catro semanas pechados.

Así que, é posible que o martes se confirme a apertura da hostalaría galega. Tamén é posible, e así o manifestaba este domingo o vicepresidente da Xunta, que Galicia quede pechada perimetralmente durante a ponte de decembro.

En dous día coñeceremos como se fai, se chega a facerse, a desescalada da hostalería, e se finalmente a comunidade autónoma galega queda ou non pechada.

Noticias web

29/11/2020