CRTVG

Buscar

A Xunta instalará salas de videoconferencia para menores en todos os xulgados

Publicado o 24/09/2019 15:58

Os menores, os colectivos máis vulnerables e tamén as vítimas de violencia de xénero estarán máis protexidos á hora de declarar no xulgado. A Xunta estenderá a todos os edificios xudiciais unha sala especial con sistema de videoconferencia que xa funciona en Ourense.

A maioría dos menores que pasaron por esta habitación nos dous anos que leva operativa son vítimas de malos tratos e abusos sexuais. Situacións extremadamente traumáticas das que lles custa falar nunha sala de vistas. Aquí, son as psicólogas do Imelga as que lles trasladan as preguntas de xuíces, fiscais e avogados.

Utilizan un sistema de videoconferencia que permite trasladar o interrogatorio a calquera sitio. O obxectivo, dixo, é implantalo paulatinamente en todos os edificios xudiciais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/09/2019