CRTVG

Buscar

A Xunta esixe que o AVE estea en funcionamento no ano santo

Publicado o 14/12/2019 17:12

De visita en Galicia, a presidenta do Adif convida a estudar as oportunidades de negocio que o AVE xera a Galicia. Con todo, Isabel Pardo de Vera non pon data ao remate das obras.

"Os indicadores reais do que resulta esta liña levada ata Zamora superou sobradamente calquera análise de demanda. Cren que non podemos ser optimistas con Galicia. O que temos que saber é o que imos facer, porque isto está aquí, entón, que oportunidades nos xera isto?", asegura Isabel Pardo.

Dende o PPdeG pídenlle claridade ao Goberno sobre os prazos da chegada da alta velocidade a Ourense, ao tempo que o acusan de falta de compromiso con Galicia.

"Onte coñeciamos que a intención do Adif de que as obras ata a fronteira de Galicia rematen na primavera de 2020 e a nós cáusanos preocupación que non haxa un compromiso serio, claro, cunha infraestrutura que Galicia leva agardando tanto tempo", afrima o secretario xeral do PPdeG.

O Goberno galego pide interlocución directa co Executivo central para garantir que o tren estea operativo no vindeiro ano santo.

"Temos ese grande acontecemento no ano 2021, que é o ano santo, e non nos podemos permitir en Galicia non ter a alta velocidade", afirma a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez.

"Nós pedimos para o ano santo o mesmo que tivo Sevilla na Expo de 1992", di o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado.

A conselleira de infraestruturas advirte de que quedan pendentes obras nuns cen quilómetros, como a colocación de vías, a electrificación e a catenaria, que, dixo, supoñen investimentos menores pero moito tempo de traballo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/12/2019