CRTVG

Buscar

A Xunta Electoral reprende a Celaá por electoralismo no Consello de Ministros

Publicado o 02/10/2019 17:49

• Ordénalle a Torra retirar os lazos amarelos

A Xunta Electoral reprende a Celaá por electoralismo no Consello de Ministros
A Xunta Electoral Central estimou parcialmente a denuncia de Ciudadanos contra as "valoracións políticas" manifestadas pola portavoz do Goberno en funcións, Isabel Celaá, no Consello de Ministros do pasado 27 de setembro porque considera que "vulneraron" o artigo 50.2 da Lei Electoral.
A XEC considera que procede instar a ministra a que "en diante, maximice o seu deber de coidado para non efectuar valoracións políticas con connotacións electoralistas que poidan quebrantar a estrita neutralidade que debe manter os poderes públicos ao longo de todo o proceso electoral". Con todo, para a Xunta Electoral "non procede a adopción de medidas sancionadoras adicionais", polo que desestima a petición de C's de abrir un expediente sancionador pola frase da ministra de que 'O PSOE sae gañar as eleccións', entre "outras afirmacións electoralistas", que reprochan na súa denuncia.
A Xunta Electoral Central ordenoulle ao presidente de Cataluña, Quim Torra, a retirada de esteladas e lazos amarelos de calquera edificio público dependente da Generalitat en 48 horas e apercíbeo sobre as sancións administrativas ou penais en caso de non facelo.